“En Muras”: Xulio Xiz

11 Agosto 2024

Na homenaxe que Xermolos lle rendeu en Vilalba a Antía Cal, comenteille o máxico que para min era o lugar de Muras ao que estaba vencellada – casa dos seus avós maternos -, que hoxe proclama “Aquí criouse unha mociña que veu da Habana para coñecer a terra onde naceron os seus pais, os seus avós, e todas as súas xentes”. Era o “Mesón de Vázquez”, onde paraba o coche dos Veiga que desde Vilalba me levaba cara a Ambosores nos meus veráns infantís. O mundo habitado remataba alí, e alí comezaba o misterio.

A maxia que para min tivo aquel lugar, volve con especial simbolismo coa exposición de Antón Beiras ”A malla de Pascual, 1957”, montada nunha palleira fronte ao antigo Mesón, coa que a familia Beiras-Cal recupera un importante anaco da historia visual.

As fotos lembran tempos idos, persoas e labores que xa son historia, perfecta crónica redactada polo galeguista e oftalmólogo de referencia, que con Antía – mestra e pedagoga – formou un binomio querido e respectado por todos.

Hai que ir a Muras para ver a exposición, e vale a pena, especialmente para os que lembren os tempos da vella estrada que pasaba polo “cruce” e polo Mesón que desde tempo inmemorial era parada dos viaxeiros.

É unha sorpresa moi grata ir pola vella estrada e de súpeto atopar unha palleira restaurada, con vistosa rotulación exterior, e pisar as vellas taboas do interior mentras contemplamos imaxes irrepetibles que seguen vivas no máis profundo de nós, e nos dan a mellor imaxe do que se pode facer para que a memoria – dos feitos e das persoas – siga viva, e o rural non morra de todo. En Muras: Sinal de Vida.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.