En Ribeira comisan máis de 14 toneladas de sardiña con documentación irregular

09 Agosto 2024

O Servizo Marítimo Provincial (SEMAR) da Garda Civil da Coruña comisou un total de 14.867 quilogramos de sardiña no Porto de Ribeira, tras detectar documentación irregular. Levantáronse actas de denuncia contra o transportista, a empresa responsable do transporte e os dous pesqueiros implicados por presuntas infraccións á Lei de pesca de Galicia.

Os feitos sucederon cando os axentes atopábanse realizando un control rutineiro no porto de Ribeira, onde inspeccionaron un camión que entraba ás instalacións portuarias cargando 31 palés de sardiña.

Durante a revisión atopáronse discrepancias significativas entre a documentación de transporte presentada e a mercadoría real transportada. Ante estas irregularidades, procedeuse a pesar e verificar a carga na Lonxa, en colaboración co responsable da empresa transportista.

Como resultado desta verificación, constatouse que 14.867 quilos de sardiña carecían da rastrexabilidade requirida pola normativa, e determinouse que esta mercadoría procedía do porto de Cambados, e fora descargada por dous pesqueiros.

Por estes feitos, a Garda Civil procedeu ao comiso inmediato da mercadoría. Este produto será entregado ao Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña, co obxectivo de asegurar o seu destino benéfico.

Ademais, levantáronse actas de denuncia contra o transportista, a empresa responsable do transporte e os dous pesqueiros implicados, por presuntas infraccións á Lei de pesca de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.