O prazo das axudas para a transformación das prazas de abastos remata o 19

07 Agosto 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou as prazas de abastos de Bueu e Cangas para dar a coñecer a convocatoria de impulso aos Mercados Excelentes dotada cun orzamento de 1.280.000 euros. Recordou que este luns 19 de agosto remata o prazo para solicitar estas achegas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que buscan potenciar as prazas de abastos e mercados e transformalos en Mercados Excelentes, apoiando medidas que contribúan á súa plena dixitalización activa. Podemos visualizar a convocatoria no DOG.

O indicativo pode ser solicitado por concellos, asociacións ou federacións de prazas de abastos e mercados. Con estas axudas, búscase posibilitar actuacións que sirvan para fomentar a mellora deste tipo de instalacións, atender as necesidades de comerciantes e clientes, aproveitar a situación estratéxica dos mercados nas cidades e vilas e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego agroalimentario de calidade, ademais da súa capacidade de dinamización comercial e turística.

Tamén se persegue vencellar as prazas de abastos a valores como a sustentabilidade, a protección do medio, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade, así como mellorar a súa accesibilidade, acadar a súa modernización e dixitalización e incrementar os servizos que prestan, favorecendo a coordinación cos centros comerciais abertos.

No marco das axudas a concellos, hai achegas tanto para os que xa conten co selo de excelencia, como para os que o queiran implantar. En concreto, para potenciar a Rede de Mercados Excelentes de Galicia, os municipios que xa conten con esa figura poderán recibir axudas para accións enfocadas ao mantemento e mellora deste estándar de calidade, ademais de, como novidade, desenvolver campañas de dinamización comercial cun investimento máximo de 10.000 euros e para o deseño da imaxe corporativa do mercado. Mentres, as prazas de abastos que non sexan aínda Mercado Excelente poderán sufragar accións de mentoring e de formación dos praceiros e praceiras, de consultoría especializada, de diagnose da situación e usos do mercado ou a elaboración da documentación necesaria para levar a cabo as actuacións destinadas a acadar o selo, entre outras actuacións.

Nesta mesma liña, nas axudas a municipios hai dúas liñas máis de achegas, destinadas a adquisición de equipamento e eficiencia enerxética. Canto ás asociacións de prazas de abastos e mercados, financiaránselles actuacións de dinamización e revitalización no marco de proxectos de incentivación da demanda e do consumo ou mantemento dos marketplace, na mesma liña que no relativo ás federacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.