Arrincaron as obras de mellora da estrada AC-550 ao seu paso polo concello de Outes

06 Agosto 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Mª Begoña Freire, e acompañada por membros do equipo de Goberno local, supervisou na mañá deste 6 de agosto as obras de mellora do firme na estrada AC-550, ao seu paso polo concello de Outes. O obxectivo destes traballos, segundo lembrou, é rehabilitar a capa de rodaxe desta estrada autonómica, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 60+200 e 68+000, no municipio de Outes. Indicou tamén que para desenvolver estas tarefas será necesario o corte de carril no punto no que se estea a intervir, dando tráfico alternativo polo outro carril.

As obras consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, segundo as necesidades concretas das vías obxecto destas intervencións. As actuacións completaranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e a reposición dos treitos de barreira de seguridade que sexa preciso. As obras terán unha duración de sete días laborábeis.

Segundo explicou Belén do Campo, a intervención forma parte forma parte do contrato de acondicionamento do firme en 7 estradas de titularidade autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 3,6 M€.

De xeito máis concreto, este contrato, que conta cun prazo de execución de 6 meses, inclúe a rehabilitación da capa de rodaxe das estradas AC-300, AC-303, AC-406, AC-432, AC-546, AC-550 e AC-552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes

Belén do Campo lemboru que esta semana tamén comezaron as obras de mellora do pavimento na estrada AC-303, no seu transcurso por Ribeira.

Plano de localizacións cos treitos obxecto das actuacións:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.