“A toda vela, outra volta!” – Antón Luaces

05 Agosto 2024

A fame obriga. Ou, o que ven ser o mesmo, a necesidade de reducir custes fai que experiencias acumuladas durante séculos, obriguen aos armadores de todo tipo de buques a repensar antes de investir na construción de novos buques: retornan as velas e, desta vez, non só para as embarcacións deportivas ou de recreo, tamén para as de transporte marítimo. 

Na nosas rías, nos nosos mares, en todos os océanos, teremos en pouco tempo a presencia fresca, amable, de buques silenciosos e non contaminantes nos que o vento nas velas será o impulsor que ocupe e preocupe á tripulación. 

A proa fenderá o mar e a popa deixará un ronsel de paz que non impedirá que unha familia de toniñas estabelezan a ruta.

Si, definitivamente as velas van ser raíñas e señoras dos mares do mundo.

Nas vindeiras horas vai entrar no porto francés de Le Havre o primeiro dos oito  buques de transporte de mercadorías encargados por Towt ao estaleiro Piriou, entregado oficialmente o pasado 2 de agosto en Concarneau. Todo un gran desafío para o sitio de Finistère.

De 64 metros de altura máxima, os seus dous únicos mastros terán ao carbono como material da súa construción. Visíbeis dende moi lonxe, marcarán unha eslora de 81 metros, manga de 11,90 metros, 6 metros de calado e 3.000 metros cadrados de velas.

Son as características máis importantes do Anemos, ás que xungue a disponibilidade de tecnoloxía de navegación de regatas que lle permiten a navegación cento por cento a vela, un sistema de ruteo autónomo baseado en intelixencia artificial e datos meteorolóxicos.

Con este buque, a armadora Towt convértese en pioneira na descarbonizaciòn. O segundo barco da frota, o Artémis, en construción nun estaleiro vietnamita, será entregado antes dunha nova ondada de buques en 2026-2027, para os últimos seis, encargados recentemente.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...