O Verán Cultural da Pobra achéganos esta semana novos espectáculos circenses e concertos

05 Agosto 2024

A Pobra do Caramiñal entra nesta semana de agosto con tres propostas dentro do Verán Cultural deseñado pola Concellaría da Cultura. “Unha semana máis espallaremos cultura polas nosas rúas. Desta vez, o protagonismo será para dúas compañías e para unha das entidades máis representativas do noso tecido asociativo”, declarou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

SU.MA estará con Glamping no martes 6, ás 20.30 horas, no Cantón da Leña. Trátase dun espectáculo dirixido a público infantil que chega coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña sobre as relacións humanas, onde calquera poderiamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolve-la situación. Teatro xestual, música, acrobacia aérea, danza e swing en clave de clown son os ingredientes desta actividade.

Outra cita para as crianzas que recalará no municipio coa colaboración da Rede Cultural de Deputación da Coruña é Soño, de O Show de Fifo. Aquí, Fifo non sabe se o que está a vivir é unha realidade ou un soño e terá que descubrilo coa axuda dos nenos e nenas a través de divertidos gags que implican a participación de todos e todas. A música, o baile e a risa están asegurados. Desenvolverase no xoves 8, ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.

E o XXVI Encontro de Habaneras, da Asociación Amas de Casa da Pobra, terá lugar no sábado 10, ás 20.30 horas, na igrexa de Santiago do Deán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.