
Esta fin de semana a nova Lonxa de Ribeira acolleu a tradicional Misa en honra á Virxe do Carme Patroa dos mariñeiros e da Armada. Nunha emotiva Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago Monseñor, Francisco José Prieto, e acompañado de varios sacerdotes da parroquia e da diocese, lembrouse aos falecidos no mar, con mencións especiais ao Argos Georgia e os homes e mulleres xubliados.

Nunha Eucaristía á que acudiron o conselleiro de Mar, Alfonso Villares, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, o senador Manuel Ruiz e membros da corporación, e centos de veciños, instaurouse por primeira vez unha ofrenda que nesta primeira ocasión fixo o xornalista, Antón Luaces, quen durante anos realizou o programa radiofónico “Españois en la mar”, e que empezara a sua traxectoria como locutor na histórica Radio Riveira, primeira emjsora parroquial de Galicia e quen enxalzou o labor das mulleres na mar. O ofente foi respostado polo Arcebispo de Santiago.


Unha das novidades foi que se homenaxeou a mariñeiros xubilados, que recibiron unha insignia. Entre eles, o sogro do capitán do Argos Georgia,

Posteriormente realizouse a tradicional procesión marítima e o acto relixoso rematou coa procesión polas rúaas ribeirenses ata a Igrexa Parroquial.
Intervención do oferente, Antón Luaces e resposta do Arcebispo Monseñor Francisco José Prieto. Video O Barbanza



