Rescate a persoas atrapadas nun ascensor en Boiro. Accidente sen feridos en Fisterra

03 Agosto 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro participaron ao redor das 23:15 horas de onte nun operativo para rescatar a dúas persoas e dous cans que quedaran atrapadas nun ascensor na Avenida Compostela, no Concello de Boiro.Ao chegar os bombeiros as persoas afectadas informaron que levaban 40 minutos atrapadas e non eran quen de contactar co servizo técnico. Procedeuse a rescatar en primeiro lugar a unha muller embarazada para posteriormente sacar ao dous cans e, por último, a un rapaz.

Por outra banda rexistrouse tamén un accidente sen feridos na AC-152 dirección Fisterra.

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Cee participaron ao redor das 01:00 horas da madrugada de hoxe nun operativo por un accidente de tráfico na estrada AC-152 dirección Fisterra.

O accidente produciuse por colisión frontal entre dous vehículos, sen persoas materiais e só deixando danos materiais. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.