Comezaremos a xornada con predominio das nubes baixas. Co avance do día os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados, manténdose intervalos de nubes baixas no terzo norte. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas estarán sen cambios significativos. chegando ós 30 graos. Os ventos soprarán do norte-nordés frouxos en xeral, moderados nas Rías Baixas.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 1 a 1.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



