Comezan en Lousame as “Leisure activities in english” cun obradoiro de pintado de camisetas

01 Agosto 2024

Un total de 25 nenas e nenos, de entre os 5 e os 10 anos de idade, participan dende esta semana no programa Leisure activities in english, unha iniciativa gratuíta do Concello de Lousame que inclúe unha gran variedade de actividades educativas e de ocio impartidas unicamente en inglés por Letizia Saccani e Fatma Erdemoglu, voluntarias do Corpo Europeo de Solidariedade. Unhas sesións que terán lugar no local social do Sanguiñal (Tállara) ata o vindeiro 9 de agosto, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

A concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, visitou á rapazada e participou nun obradoiro de pintado de camisetas. O programa inclúe diversas actividades como pintura, karaoke, música, xogos, cine, teatro, conversas… todo en lingua inglesa para que os nenos e nenas sigan practicando o inglés durante o verán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.