A campaña Quincenas Fantásticas da ABE xa ten os primeiros gañadores

01 Agosto 2024

Na mañá deste 1 de agosto, na sede da patronal de Boiro (ABE), tivo lugar o sorteo dos premios da primeira quenda da campaña de verán Quincenas Fantásticas da asociación empresarial entre os 1.699 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 15 e o 31 de xullo. Segundo explicou a ABE, os 1.699 rexistros supoñen “un novo récord da campaña respecto do mesmo período do ano pasado superando os 670 da edición de 2021, os 1.015 da edición de 2022 e os 1.581 da de 2023 que ata hoxe tiña o récord do período”. Estes datos, engadiron fontes da patronal, “respaldan novamente a aposta feita pola ABE na dixitalización en materia de promoción comercial e consolidan unha tendencia á alza na participación dos seus clientes nos sorteos que organiza”.

Premios e premiados

250 euros – Zuleika Parada – A Panoleta

150 euros – Maribel – Panadería La Espiga

100 euros – Carmen Gómez – Café Bar La Atlántica

A ABE contactará cas persoas premiadas e realizará a entrega dos premios despois do segundo sorteo xuntando aos premiados e ambas quincenas.

Próximos sorteos

A campaña Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 19 de agosto e aínda se van sortear 500 € (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros), Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala na web da asociación.

Sorteos cada quincena

Tíckets rexistrados do 15 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto

Tíckets rexistrados do 1 ao 18 de agosto >> sorteo o 19 de agosto

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.