O novo polígono e a necesidade de “remar xuntos” para obter financiamento centraron unha xornada informativa na sede da patronal de Ribeira

30 Xullo 2024

A Asociación de Empresarios de Ribeira celebrou logo da presentación da nova feira Viamare Stock un encontro informativo e de traballo cos socios da patronal interesados no futuro do polígono industrial e das novidades máis recentes sobre a súa materialización. Na cita participaron o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, e máis o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral. O representante da patronal explicou aos asistentes todos os pasos dados ata este momento, e os esforzos da asociación para conseguir que o polígono sexa unha realidade.

Tamén fixo saber que “neste momento está a buscarse financiamento para poder seguir adiante e avanzar no proxecto”. O presidente engadiu que en datas recentes a entidade empresarial mantivo varias reunións neste marco de traballo, tanto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, como co vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, comprometéndose este último para apoiar o polígono como mínimo con 2,5 millóns de euros.

Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, tamén mostrou o seu compromiso de levar a cabo a realización do polígono, dando todo o apoio á asociación para buscar xuntos o financiamento para o mesmo. Por certo que no día previo, este luns 29 de xullo, celebrouse o pleno da Corporación do mes e a cuestión do novo polígono foi un dos temas claves que se debateron. Na sesión aprobouse o proxecto definitivo de urbanización do novo complexo empresarial coas modificacións que esixía a Deputación da Coruña e Patrimonio da Xunta de Galicia. Ademais, fíxose saber que o proxecto xa conta con todos os informes técnicos favorábeis tras chegar o 12 de xuño o da Deputación e o 9 de xullo o de Patrimonio que eran os últimos que faltaban. Ademais, aprobouse o proxecto arqueolóxico e de control da urbanización do novo complexo empresarial, así como a prospección e control do abastecemento de gas. Tamén se fixo saber que o custe do polígono sitúase nos 13 millóns de euros, aos que habería que engadir 3,5 millóns para a conexión eléctrica, 1 millón máis para saneamento e auga e faltaría a conexión do gasoduto que está sen contabilizar. Neste intre o Concello atópase traballando para acadar o financiamento requirido sen necesidade de endebedar as arcas municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.