Arrancan as Festas de Verán de Ribeira. Victor M. Oujo será o pregoeiro

30 Xullo 2024

As Festas do Verán de Ribeira estenderase dende este mércores 31 de xullo até o 4 de agosto. O «influencer» Víctor Manuel Oujo dará o pregón das Festas do Verán de Ribeira.
O aguiñense, que se define como asesor de imaxe, deuno a coñecer cun vídeo nos seus perfiles de redes sociais.

Un dos puntos máis destacados da axenda será a súa diversidade: nos espazos, nas propostas e nos formatos para persoas neurodiverxentes. Así, habilitaranse novas localizacións para unha maior promoción económica e apostarase polos novos estilos e por achegar unha axenda con accións á medida de todas as demandas e tendencias. No capítulo da atención á neurodiverxencia, as actividades do programa terán como elemento transversal a diversidade e a sensibilización sobre as necesidades de toda a rapazada, actuando en materia de control do audio nas atraccións e na prevención (farase entrega de auriculares de protección e instalaranse pictogramas). Amais, está programado que a Asociación Ágape organice un mercadiño solidario para visualizar unha cuestión tan relevante como a neurodiverxencia.

mércores 31 de xullo, logo das dianas e alboradas celebrarase (ás 11h) o espectáculo infantil e familiar Atemporal, do Mago Charlangas, na praza da Porta do Sol. Ás 22 será o intre do pregón no balcón da sala-museo municipal de ribeira logo haberá un chupinazo e un pequeno espectáculo pirotécnico inaugural. Ás 23h, verbena na Lonxa Vella cos Satélites.

Programa das Festas de Ribeira 2024: Enlace

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...