A Pobra despide xullo e dá a benvida a agosto cunha ateigada axenda cultural

29 Xullo 2024

O Verán Cultural non se detén na Pobra do Caramiñal. Un espectáculo, animación de rúa, dous concertos e moito baile son as actividades das que poderán desfrutar veciñanza e visitantes para despedir xullo e darlle a benvida a agosto. “Seguimos gozando da cultura ao aire libre con novas propostas que se desenvolverán durante a semana para facer especial fincapé na dinamización da nosa vila de luns a venres”, apuntou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Sempre Arriba leva o espectáculo Hoxe si! ao público infantil; un espazo de música, circo, moito humor, ganas e moita actitude. É unha invitación a xogar, a gozar, a vivir celebrando o momento presente. Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, terá lugar no 30 de xullo, ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.

No 31 de xullo haberá nova sesión musical dentro do Sons da Vila. Mar Davila actuará a partir das 21.00 horas, no paseo dos Areos.

A animación de rúa correrá a cargo de Sarao con O bosque vivente, no 1 de agosto, das 21.30 horas en diante, polo núcleo urbano. Trátase dunha experiencia única que transcende as barreiras do tempo e a imaxinación. Este relato máxico itinerante desenvólvese nun albergue de peregrinos do Camiño de Santiago, onde un ancián comparte unha historia que cambiará a percepción da natureza para sempre.

Tamén se volverá a desfrutar dun novo concerto da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra no 2 de agosto, ás 22.00 horas, no Cantón da Leña.

E tocará mover o corpo cos obradoiros de baile moderno, zumba e latinos da man de El TomaSon, no 3 de agosto, de 19.00 a 21.00 horas. Máis tarde, ás 21.00, haberá exhibición de baile con Jonhy e Ceci (Nicaragua), Escola Sabor Tropical (A Coruña), Luisinho Astral (Brasil), Aykan (Turquía), Sabor Compostela e Escola de Baile El TomaSon. E, de 22.00 a 23.00 horas, música latina con DJ Gerardo. Todas estas accións concentraranse na praza do Emigrante.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.