Chegan a Santiago os sobreviventes do “Argos Georgia”

28 Xullo 2024

Os sobreviventes do naufraxio do Argos Georgia, afundido o pasado luns nas Malvinas, chegaron este domingo a Santiago nun avión fretado polo Ministerio de Defensa. Antes de regresar a casa, prestaron declaración nas illas.

Os catro galegos, José Saborido (capitán), Ramón García (xefe de máquinas), Ramón Hombre (primeiro oficial) e Francisco Gondar (segundo oficial), os tres primeiros de Ribeira e o último de Pontevedra, foron recibidos polas familias e as autoridades no aeródromo militar compostelán.

Os dous observadores científicos que ían no buque, Amparo Burguillos (Albacete) e Pere Hernández (Barcelona), continuaron viaxe ata Madrid. Tamén o resto dos sobreviventes, de distintas nacionalidades, que serán repatriados aos seus países.

Nas catorce horas que durou o traxecto ata Galicia na aeronave medicalizada do Exército do Aire, contaron con atención do persoal de aeroevacuación que ía a bordo. Ao chegar a terra, dous tiveron que ser trasladados en ambulancia ao hospital para tratar doenzas leves.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro do Mar , Alfonso Villares e o alcalde de Ribeira Luís Pérez Barral, recibiron esta mañá no aeródromo militar de Santiago de Compostela, aos superviventes do naufraxio do Argos Georgia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.