O Concello de Boiro fai cambios nos colexios electorais na procura dunha meirande accesibilidade

17 Febreiro 2020

O Concello de Boiro, con motivo das eleccións autonómicas programadas finalmente para o vindeiro 5 de abril, vén de facer unha serie de modificacións nos colexios electorais do termo municipal. Estes cambios, que segundo apunta o Executivo local viñan sendo “moi demandados”, tiveron o obxectivo de “trasladar as mesas para uns espazos máis accesíbeis e prácticos tanto para os votantes como para o persoal que conforma as mesas”. Estes traballos, porén, non son novos: xa se iniciaron en outubro, nos comicios estatais, centrándose en agrupar as mesas de Boiro no Polideportivo da Cachada e as de Cabo de Cruz no andar baixo do Centro Social.

Agora estenderase o proceso aos colexios electorais das distintas parroquias, na busca dunha meirande accesibilidade: en Comoxo (onde se carrexarán as mesas para o Museo-Centro Etnográfico), en Cespón (onde se trasladarán dende a Unitaria de Vilariño e do Centro Social até o andar baixo do CS, precisamente), en Abanqueiro (dende o CEIP até o andar baixo do edificio do Centro Social), en Lampón (onde estaban repartidas entre o Centro Social e a Gardería da Magdalena e que se xuntarán agora no salón de actos do Centro Social de Escarabote).

Outros artigos

Boiro celebra o Samaín cunha nova edición do Túnel do Terror

Este sábado 31 de outubro imos ter en Boiro unha das principais actividades do programa de Samaín no Barbanza: o Túnel do Terror que organiza cada ano o colectivo xuvenil Turbina co apoio do Concello de Boiro. Dará comezo ás 18.30 horas no local Leñaverde (Centro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.