Cara Elise Colón e Emilio Colón ofrecen en Goiáns, este domingo, o concerto “Música para la Humanidad”

26 Xullo 2024

O Pazo de Goiáns, en Boiro, vai acoller este domingo 28 de xullo un concerto dos prestixiosos músicos internacionais Cara Elise Colón e Emilio Colón, coa dirección artística de Carolina Landriscini.

O concerto Música para la Humanidad celebrarase a partir das 20.00 horas.

Cara Elise Colón é unha recoñecida pedagoga que ten colaborado como artista de cámara ao redor do mundo con concertos en Europa, Asia, Sur e Norte América. Recentes colaboracións inclúen a Asociación de Artes Escénicas de Perak (PSPA) para a súa xira en Malaisia, o Ciclo de Cámara da Orquestra Sinfónica de Pittsburgh, a serie do Ware Center en Pennsylvania, o Festival de Música de Mammoth Lakes, L’Hermitage Series en Los Ángeles e a Fundación Musical en Ponce. É co-fundadora da International Chamber Orchestra of Porto Rico.

Pola súa banda, Emilio Colón é un apaixonado e virtuoso músico e pedagogo, Durante a súa carreira presentouse nos Estados Unidos, Canadá, América Latina, Europa e Asia. Os seus traballos máis recoñecidos como solista inclúen a súa participación coa Orquestra Sinfónica Nacional de Ucraína, a Orquestra Sinfónica de Istambul, a Orquestra de Cámara de Reno, a Orquestra Sinfónica de Porto Rico, a Orquestra Sinfónica Estatal de İzmir, a Orquestra Sinfónica de Guayaquil, Bozeman Symphony, a Orquestra Filharmónica de Boca del Río, en México, a Texas Festival Orchestra e a Orquestra Sinfónica de Santo Ángelo. Ademais foi membro do xurado do Pablo Casals International Violoncelo Competition en Budapest, Hungría.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.