Accidente de tráfico con persoas excarceradas en Baroña na AC-550, no concello de Porto do Son

26 Xullo 2024

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro, recibiron unha chamada ás 03:19 horas desta madrugada alertando dun accidente de tráfico acontecido na estrada AC-550, entre os puntos quilométricos 92 e 93, á altura de  Baroña, no concello de Porto do Son.

A incidencia foi ocasionada por un vehículo que saíu da vía no traxecto que conecta os núcleos de Queiruga e Baroña. O operativo consistiu inicialmente na estabilización do turismo e na extracción da persoa atrapada do seu interior, a cal tivo que ser trasladada en ambulancia.

Completaron o operativo a Garda Civil de Tráfico, o 061, os bombeiros de Ribeira e o GES de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.