Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura na Feira do Libro de Rianxo

24 Xullo 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da Feira do Libro de Rianxo, a novena parada do circuíto posto en marcha pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia que este ano percorre 13 localidades ata o mes de agosto.

No acto de apertura, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a boa acollida destas feiras por parte da cidadanía que aproveita para coñecer e adquirir novidades. “Convido a todo o mundo a achegarse ata esta praza de Castelao para gozar da literatura e dos plans culturais organizados ao abeiro desta iniciativa ata o sábado”, sinalou o director xeral de Cultura.

Neste senso, Anxo M. Lorenzo, agradeceu o traballo de todos os axentes implicados nesta cita e explicou que, en total, celebraranse máis de 40 actividades. “Inclúense desde presentacións, ata actividades infantís, obradoiros, recitais ou sinaturas de libros” indicou antes de engadir que se contará coa participación dunha vintena de escritores.

Calendario ata agosto

A Feira do Libro inclúese na campaña CulturON, o programa impulsado pola Xunta de Galicia que promove máis de 30 actividades culturais diarias este verán. Neste caso, a cita celébrase ata o sábado 24 na praza de Castelao e conta coa participación de 11 librarías.

Tras o seu paso por Rianxo, o calendario continuará ata agosto con paradas en A Coruña (do 1 ao 10 de agosto), Viveiro (do 12 ao 15 de agosto), Foz (do 16 ao 19 de agosto) e Monforte de Lemos (do 21 ao 24 de agosto).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.