O Cuartel Vello do Rianxo acolle este mes un obradoiro de baile (“swing”) gratuíto de Alecrín

24 Xullo 2024

Swing. A nova era do baile social e un obradoiro de baile gratuíto para adultas e adultos que vén de poñer en marcha a Concellería de Cultura do Concello de Rianxo do 26 ao 30 de xullo do presente ano dentro do marco das Noites de Jazz.

O programa desenvolverase no Cuartel Vello de Rianxo de 20:30 a 22:30 e será impartido por Francisco Muñiz, coreógrafo, bailarín e mestre de baile responsábel técnico e pedagóxico dende fai máis de tres décadas do Taller Alecrín.

Neste obradoiro de swing as persoas participantes farán un percorrido de xeito activo polas diferentes modalidades (swing & lindy hop, west coast swing, balboa…), explorando as capacidades rítmicas e de movemento que ofrece esta singular modalidade de baile.

O curso ten número máximo de 20 prazas e poderase reservar, tanto en parella como de xeito individual, no teléfono 698 150 432 dende o 15 ao 24 de xullo nun horario de 10:00 a 14:00 de luns a venres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.