Sábado regresan as choivas febles e baixa a temperatura. O domingo volve o sol

19 Xullo 2024

Galicia quedará durante esta xornada baixo os efectos dunha baixa pouco activa, cunha fronte cálida ao principio do día e outra fría durante a tarde. Isto deixará os ceos nubrados e algunhas chuvias febles e intermitentes. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un notable descenso quedando sobre os 23 graos. Os ventos irán cambiando de sur a norte a medida que avance o día; serán moderados na costa e frouxos no interior.

O domingo volve o sol e empeza a subir a temperatura que permacerá nas próximas dúas semanas rondando os 27 a 30 graos.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, variable á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1 a 1.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Praia de Carnota

Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira

Praia de Balieiros directo- Corrubedo

Praia da Ladeira directo- Corrubedo

Praia das Furnas directo. Porto do Son

Praia Aguieira directo.Porto do Son

Portosín. Porto do Son

Sálvora. Santa Uxía de Ribeira

Pobra do Caramiñal directo. A Pobra

Centro Náutico do Freixo

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...