“A casa polo tellado e os impactos no recurso de amparo” – Antón Luaces

19 Xullo 2024

A Plataforma en Defensa da Pesca vai reunirse o vindeiro luns en Burela para decidir sobre o recurso diante do Tribunal Constitucional co obxectjvo de defender o sector fronte dos grandes parques eólicos mariños previstos na costa española, especificamente en augas das comunidades autónomas de Galicia e Asturias. O Recurso, no caso de se presentar, levarase ao Tribunal Constitucional e mesmo o Europeo. Será o máis probable, tendo en conta a decisión base de esgotar todas as vías, sen renunciar ao Recurso de Amparo.

Insiste a Plataforma en que a decisión do Supremo de desestimar O SEU RECURSO  contra os Plans de Ordenación da Eólica Mariña (POEM) carrexará efectos socioeconómicos perniciosos para a pesca e, ao mesmo tempo, a diversidade ambiental. Un recurso baseado no informe do Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña, que leva á Plataforma a reclamar que, antes de instalar os parques eólicos, se teñan en conta os informes científicos sobre posibles consecuencias. O voceiro da Plataforma, Torcuato Teixeira, acusou ao Goberno de “comezar a casa polo tellado” e de poñer os intereses das empresas por riba do interese xeral da cidadanía: catro dos dez e nove polígonos de eólica mariña previstos nas costas españolas serán instalados en augas de Galicia. 

Asime (Asociación de Industrias do Metal de Galicia) cualifica de positiva a resolución do Supremo, ao entender que o alto tribunal constata o que defenden dende o comezo: que a aprobación dos POEM non só é correcta senón necesaria e conforme á esixencia europea para regular o espazo marítimo .

A Plataforma coida necesario un pormenorizado estudos sobre os impactos eólicos mariños, plasmados en documentos, tendo en conta que os primeiros indicios determinan a existencia de afectacións que fan máis que necesaria a participación nestes traballos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) peza fundamental na valoración das mesmas. Deixalo fóra sería “unha temeridade”, argumenta o voceiro da Plataforma para este xornal.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.