Xoves con algunhas nubes na costa, afectando principalmente á provincia da Coruña, mentres que no resto do país os ceos continuarán estando pouco nubrados ou despexados. Bancos de néboa matinais en zonas de interior e brétemas costeiras no litoral atlántico. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos, variables ao principio, tomando posteriormente unha compoñente norte.
O venres non se esperan cambios e o sábado unha fronte deixaran choivas de madrugada para regresar o bo tempo a partir do domingo que traerá unha semana de sol e calor.

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



