Unha visita guiada este 18 de xullo permitirá coñecer a escavación arqueolóxica da Corte do Santo, na Pobra

17 Xullo 2024

A Corte do Santo está sendo obxecto nestes días dunha prospección arqueolóxica para revelar os segredos desta zona da serra do Barbanza, a carón do río Pedras (A Pobra). Trátase dunha intervención promovida polo Concello da Pobra do Caramiñal en coordinación coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Esta escavación poderá coñecerse en formato de visita guiada este xoves 18, ás 18.00 horas, con punto de encontro establecido na ponte da Portela. Amosarase o avance dos traballos realizados ao longo desta semana.

A hipótese que se manexa sobre este lugar é a existencia dun posible eremitorio que podería datar entre finais da Alta Idade Media e a Plena Idade Media; idea da que parte o equipo arqueolóxico conformado polo Laboratorio de Arqueoloxía Medieval da USC.

“Se hai algo que diferencia A Pobra do Caramiñal é o patrimonio que temos. Xa adquirimos a Casa da Cadea para a súa rehabilitación e consecuente valorización, temos un espectacular núcleo histórico, edificios como a Torre de Bermúdez, roteiros patrimoniais… E a escavación do xacemento da Corte do Santo é un paso máis no noso firme compromiso de coidar, investigar e divulgar o noso patrimonio material e inmaterial”, declarou o alcalde e titular da Concellaría do Patrimonio, José Carlos Vidal, quen engadiu que “a serra ten aínda moito por contarnos sobre o noso pasado e ben sabemos que o río Pedras destaca pola gran riqueza natural e paisaxística, pero queremos afondar tamén na histórica”.

O rexedor explicou que estes labores permitirán esclarecer o tipo de xacemento, conseguir datacións absolutas para definir a secuencia cronolóxica e comezar o proceso para definir unha estratexia cara a posta en valor da Corte do Santo.

“Agardaremos expectantes a unha nova edición das xornadas de divulgación histórica e patrimonial A Pobra do Caramiñal no Tempo, que se celebrará a finais do mes de setembro, para coñecer os resultados”, engade.

A dirección desta campaña arqueolóxica corre a cargo do investigador Mario Ramos Soriano (USC), en colaboración coa empresa Tempos Arqueólogos e co financiamento tanto do Concello da Pobra do Caramiñal como do proxecto ECOLOC dirixido polo profesor da universidade compostelá, José Carlos Sánchez Pardo, con fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.