Raquel Queizás leva este xoves o espectáculo de narracións “Onda min” ao Centro Social de Cespón

17 Xullo 2024

Este xoves 18 de xullo a contadora, actriz e escritora Raquel Queizás estará no concello de Boiro para ofrecer á rapazada un novo espectáculo de narración oral para público familiar e infantil. Será este xoves no Centro Social de Cespón. Trátase do espectáculo Onda min,

Onda min lévanos á pesca das historias propias, da nosa memoria, da nosa tradición oral para alimentar as novas xeracións. Tamén embarcaremos nos libros para ir na procura de historias alleas, de outras terras ás veces tan diferentes ás veces tan semellantes ás nosas.

Trátase dun pectáculo de narración oral con manipulación de obxectos.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.