Ribeira segue celebrando a LXXVI Festa da Dorna, unha semana chea de actividades

20 Xullo 2024

Ribeira segue a celebrar a LXXVI edición da Festa dá Dorna, unha programación que se desenvolverá ata o 24 de xullo na cidade.

As festividades arrincou este xoves 18, con 76 badaladas na igrexa parroquial ás dez da mañá, anunciando o inicio da festa. A continuación, ás 11, levouse a cabo o percorrido do facho dorneiro, que incluirá un tramo para persoas neurodiverxentes, seguido polo “enjalanamento” de fanequeiras.

A xornada continuará coa cerimonia de iniciación e o pregón a cargo de Xurxo Souto,ás 22 horas, vocalista de Os Diplomáticos de Monte Alto, culminando cunha macroqueimada, proxeccións mapeadas na fachada da igrexa de Santa Uxía e o primeiro concerto do Rock and Dorna coa Orquestra Bravú Banda Xanga.

O día 19 celebrarase a primeira xornada do roteiro de tapas Estrelas Mijelín, o maratón, un mercadillo solidario, o concerto de Recambios Tucho en Pórtaa do Sol, novas proxeccións de vídeo no templo parroquial e o guateque con sete picadiscos en diferentes localizacións: Kike Varela DJ e Mateo Abelleira na Praza de Pontevedra, DJ CT na Rúa Alcalá Galiano, DJ O Fillo do Médico en Pórtaa do Sol, DJ Gee na Rúa do Peirao, DJ @zuguiirg en Ídolos e DJ Orenes na Praza de Vigo. Ademais, Pan de Leña actuará na Caseira e o Metalfest Dorneiro celebrarase no Chiringuito de Pedra Pateira.

O 20 de xullo será o Día do Orjullo Jaiteiro, coa Xuntanza de Embarcacións Tradicionais, o segundo día do roteiro de tapas, o gran folión na Praza de Teruel, xogos e deportes populares no aparcamento de Coroso, onde tamén se celebrará unha minidisco infantil. Pola noite, terá lugar a primeira xornada do certame itinerante de Canción de Tasca polas fanequeiras.

O domingo 21 celebrarase o Gran Prix de Carrilanas ás sete e media da tarde, tras a súa exposición no Malecón e subida pola costa da Mámoa. A final da Canción de Tasca será ás 21.50 horas en Pórtaa do Sol, seguida do concerto do grupo Nativa ás 22.30.

O luns 22, no paredón do peirao comercial, levarán a cabo os xogos de mar ás 16:00 e o Gran Premio *Ícaro de Voo sen moto ás 18:00. A noite culminará co festival Rock and Dorna no escenario do Malecón, incluíndo o Ji Jó Dorneiro, e os concertos de Nadal015 (21:30), John Pollón & Friends (23:00) e a batalla de Jallos (00:30).

O 23 de xullo incluirá a quinta edición do maratón infantil, o Rock and Dorna de Batea con The Tetas Van en Area Secada, o trinautlón dorneiro a cargo de Geckos Surf School, o exame de patróns (22:20) e un concerto de Me fritos & The Gimme Cheetos a medianoite no escenario do Malecón.

O último día, 24 de xullo, festivo local, comezará ás once da mañá coa expovarada de embarcacións no Malecón. Unha hora despois, as embarcacións dirixiranse á praia de Coroso, onde ás 14:20 darase o pistoletazo de saída da XXXIV Regata de Embarcacións Feitas a Machada e propulsión a Pan de Millo Gran Premio Cutre Sark. Posteriormente, celebraranse a romaría, xogos, o campionato mundial de chinchimonei e o top secret coa marea dorneira asolagando as rúas desde as oito da tarde. A noite pechará co concerto de Mojinos Escozios (22:30), a entrega da Copa dá REI (00:30), a actuación de Quinkillada (00:40), a arriada da pañoleta, o asalto ás fanequeiras e a entoación do Miudiño.

PROGRAMA (versión castelán/dorneiro)

Jueves, 18 de Julio

  • 09:59 Satenta e Seis Badaladas. Empieza con las campanadas la fiesta.
  • 11:11 O Facho Dorneiro recorrerá las calles y plazas de Ribeira.
  • 16:06 XXXIII Edisión do Enjalanamento das Fanequeiras.
  • 21:49 Serimonia de Inisiasión con el esperado Prejón en la Porta do Sol.
  • 22:58 Macroqueimada Dorneira. De la mano de Lampreas máis Preas.
  • 23:06 Proxecións mapeadas en la fachada de la iglesia.
  • 23:33 RockAndDorna: actuación de la Orquestra Bravú Banda Xangai.

Viernes, 19 de julio

  • 12:27 X Ruta de Tapas Estrella Mijelín.
  • 16:36 Maratasón Dorneiro. Desde el Callejón do Cúpula.
  • 17:59 Mercadillo Solidario Dorneiro.
  • 21:59 RockAndDorna: Concierto de Recambios Tucho.
  • 23:33 Proxecións mapeadas en la fachada de la iglesia.
  • 00:02 Dansin In De Siti: en diferentes puntos de la localidad, con las actuaciones de Kike Varela Dj, Mateo Abelleira, Dj C.T., Dj El Hijo del Médico, Dj Gee, Dj @zuguiirg, Dj Orenes y Pan da Leña. El Metalfest Dorneiro en la Sala Heaven&Hell do Chirinjito de Pedra Pateira.

Sábado, 20 de julio

  • 10:51 Día do Orgullo Jai-Teiro amenizado por las bandas Suasebe, Enxebres de San Lázaro, Tahume, Laghareu, Trecola, Liantes, Riparia, Borja e Cía, Andavia, Río de Anxo y A Banda de Calo.
  • 11:01 VIII Xuntanza de Embarcasións Tradisionais.
  • 12:27 X Ruta de Tapas.
  • 17:32 Jran Folión.
  • 17:02 XXXII Xojos e Deportes Populares de Terra.
  • 18:00 Minidisco Infantil en Coroso Music Párquin.
  • 21:29 XXXIII Sertame Itinerante da Cansión de Tasca.

Domingo, 21 de julio

  • 16:27 Exposisión de Carrilanas.
  • 18:18 Subida das Carrilanas.
  • 19:39 XXXIII Jran Prix de Carrilanas.
  • 21:49 XXXIII Sertame Itinerante da Cansión de Tasca.
  • 23:29 RockAndDorna: Concierto de Nativa. Porta do Sol.

Lunes, 22 de julio

  • 16:02 XXXII Xojos e Deportes Populares de Mar.
  • 18:04 XXXII Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor.
  • 21:01 RockAndDorna: Ji JÓ Dorneiro. En el malecón.
  • 22.58 Actuación John Pollón&Friends.
  • 00:37 Batalla de Jallos Dorneiros.

Martes, 23 de julio

  • 11:01 V Maratasón Infantil.
  • 16:01 RockAndDorna de Batea: The Tetas Van en concierto.
  • 17:06 Trinautlón Dorneiro: Geckos Surf Schul.
  • 22:22 XXXIII Examen de Patróns.
  • 00:09 RockAndDorna: Concierto de Me Fritos & Gimme Cheetos.

Miércoles, 24 de julio: Día da Dorna

  • 11:11 Expovarada de Embarcasións.
  • 12:02 Saída das Embarcasións.
  • 14.24 XXXIV Rejata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo.
  • 15.03 Romería Dorneira.
  • 15:31 Consierto Antisiesta: Trécola.
  • 16:04 Xojos Dorneiros.
  • 17:52 Campionato Mundial de Chichimonei.
  • 19:46 Consentrasión da Marea Dorneira.
  • 22.42 RockAndDorna: Concierto de los Mojinos Escozíos.
  • 00:32 Entreja da XI Copa da Rei.
  • 00:38 Actuación de Quinkillada.
  • 01:46 Arriada da Pañoleta, Asalto ás Fanequeiras y Entonasión do Miudiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.