Comeza a conta atrás para o inicio da XXV edición da Feira Medieval de Noia

16 Xullo 2024

Comezou a conta atrás para que Noia active a máquina do tempo e viaxemos seis ou sete séculos atrás (ou os que sexan precisos) cara o que se coñece como Idade Media. Estamos a falar da Feira Medieval de Noia, que comeza este xoves 18 de xullo e esténdese até o domingo 21. A Área de Cultura de Noia que dirixe Pepe Pérez, organizadora novamente deste evento que chega xa á súa vixésimo quinta edición, compartiu nas redes o cartel oficial desta nova edición creado por Suso Xogaina.

Nos vindeiros días a Área de Cultura compartirá toda a programación que se desenvolverá polas rúas de Noia durante estes 4 días

Novamente haberá artesáns habilidosos e artistas da rúa sobrados de talento, postos de artesanía, cultura medieval a pé de rúa e un amplo programa de actividades, como torneos, xogos para a rapazada e exhibicións, que, xunto co importante aporte de participantes que se agarda, de toda Galicia e do resto de España, contribuirán ao que vén sendo o obxectivo primordial da feira: crear en Noia unha atmosfera auténtica e máxica da Idade Media.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.