O Consello da Xunta aproba dous millóns de euros en axudas para o sector pesqueiro

15 Xullo 2024

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa xuntanza semanal celebrada este luns, aprobar 420.000 euros en axudas ás confrarías como compensación ás perdas do último trimestre do 2023 a causa dos fortes temporais. Tamén hai unha partida de 1,4 millóns de euros en axudas para a formación dos profesionais do sector pesqueiro para facer este sector máis competitivo e garantir a remuda xeracional.

Tamén se aprobou incrementar a dotación para o novo contrato da Rede Pública de Albergues do Xacobeo ata chegar a doce millóns de euros os vindeiros dous anos. O obxectivo é incrementar o número de albergues públicos que xestiona a Xunta ata chegar a 79.

O Executivo galego tamén deu luz verde á renovación da contratación do programa Xantar na Casa, servizo que desenvolve en colaboración cos concellos. A pretensión é duplicar o investimento ata chegar aos oito millóns de euros anuais e acadar os 3.100 beneficiarios, un 24 % máis.

O Goberno galego ratifica, ademais, o acordo alcanzado cos sindicatos para mellorar as condicións laborais dos brigadistas contra os incendios forestais contratados os doce meses do ano.

Asemade, o Consello da Xunta validou un orzamento de 8,4 millóns de euros para a asistencia técnica das 28 depuradoras de augas residuais de xestión directa da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.