O Verán Cultural da Pobra achega no ecuador de xullo novos espectáculos: “Anímate” de Expresión e “Son Animal” de Paco Nogueiras

15 Xullo 2024

O Verán Cultural trae nesta semana tres actividades para o desfrute da veciñanza e visitantes na Pobra do Caramiñal da man da Concellaría da Cultura. A edil Patricia Lojo destaca que “estes meses de verán vivirase unha intensa actividade nas rúas. Temos música, espectáculos, animación de rúa, teatro e baile: propostas de balde para gozar da cultura ao aire libre durante xullo e agosto”.

A maxia correrá a cargo de Expresión Produccións coa función Anímate. Números sorprendentes cheos de humor e participativos, para o desfrute de pequenos/as e maiores. Desenvolverase no martes 16, ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.

E Paco Nogueiras animará co espectáculo Son Animal protagonizado por animais e os seus sons convertidos en divertidas cancións: o bruar dunha vaca, o miañar dun gato ou o ladrar dun can. Todos eles tomarán forma de melodías que levarán as crianzas polo mundo a través de diferentes estilos musicais. Terá lugar no xoves 18, ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.

Ámbalas dúas sesións para público infantil chegan en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. En caso de chuvia, serán no Teatro Cine Elma.

Tamén actuará Barahúnda no venres 19, dentro da programación do Carme do Castelo que se vivirá nesta fin de semana. O concerto ofrecerase no adro do Castelo, ás 22.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.