“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

11 Xullo 2024

A moitos dos que andan polas alturas da función ou da acción política gústalles falar do
respecto á vontade popular, á que a mesma Constitución de 1978 alude no seu Preámbulo,
cando fala de “consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresión
da vontade popular”. No seu artigo seis tamén se fai alusión ao papel dos partidos políticos,
que “expresan o pluralismo político e contribúen á formación e manifestación da vontade
popular”. Pero aquí, hai que pararse e interpretar, repensar e ver como se constrúe esa
vontade do pobo.
Uns queren que sexa a opinión das maiorías, outros -con toda a razón do mundo-
consideran que tamén forma parte da vontade popular o pensar e a idea das minorías e dos
discrepantes. O sentido común, á marxe ou ao lado da opinión de políticos e xuristas,
obríganos a comprender a necesidade de rexeitar as tiranías, aínda que sexan promovidas
pola maioría.
Ao falar destas cuestións, se lles parece, podemos ver que os principios democráticos deben
enraizar na convivencia, no respecto e na igualdade de dereitos. E, probablemente sexa aí
onde poida construírse a vontade do pobo. Diálogo, reflexión, vontade de entendemento,
colaboración e prosperidade son chaves. Colaboración, por suposto, entre tódolos actores
políticos, do Goberno coa Oposición e da Oposición co Goberno. Neste proceso deben
intervir os ditados da razón antes que os do corazón.
Para entenderse non fan falta moitas palabras, como di o refrán: “a bo entendedor, curto
falador”. E, se é posible, falar o xusto e con anchura, para lembrar sempre que o falado e
acordado non se pode borrar nunca máis, queda para dar pulo a outros tratos, como se fose
asinado e formase parte dos protocolos notarias da vida, da familia, da comunidade e da
nación. O apalabrado, feito está.
Para que o pobo poida expresar a súa vontade, para que a cidadanía poida opinar e avanzar
ten que dispor de medios e instrumentos que garantan a liberdade, que permitan a
comprensión e a capacidade de discriminación, baseados e asentados nos principios da
autenticidade da información e de accesibilidade á formación.
Aqueles que teñen nas súas mans as porquetas do poder están obrigados a entender que a
transparencia é un dereito e que todos os dereitos, civís, económicos, sociais, culturais e
ambientais, son para todas as persoas, “independentemente da súa orixe, etnia, cor, sexo,
lingua, relixión, opinión política ou calquera outra condición”, para que cadaquén, como
contempla a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e como quere a Tía Manuela,
“poida vivir a súa vida con liberdade, igualdade e dignidade”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.