Pelexa entre dous homes na contorna dun edificio ocupado de Ribeira

10 Xullo 2024

Un dos varóns golpeou cun asento de bicicleta ao outro a plena luz do día. As testemuñas din que a lea comezou na vivenda ocupada da rúa Xosé Ramón Barreiro.

Segundo recolle a TVG a pelexa empezou no portal do edificio ocupado da rúa Xosé Ramón Barreiro e rematou preto da rotonda. 

Despois dun intercambio de reproches, un dos varóns golpea fortemente o outro empregando un asento de bicicleta. A muller que os acompaña tenta mediar para que paren, pero non o logra. Tampouco responden ás advertencias dos veciños.

Malia os golpes recibidos, esta testemuña logrou ver como o agredido saíu polo seu propio pé da zona minutos despois. A Policía Local acudiu ao lugar pola chamada dos veciños, pero os homes xa se separaran e non houbo denuncias.

Segundo din veciños e comerciantes, as pelexas na contorna do edificio ocupado son habituais porque dentro, sospeitan, véndese droga.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.