O Concello de Ribeira licita a reordenación da Praza do Centenario

10 Xullo 2024

O Concello de Ribeira lanzou unha licitación por valor de 1.210.000 euros para a execución do proxecto de reordenación da Praza do Centenario. Este proxecto busca integrar os usos turísticos e comerciais da praza coa Praza do Concello mediante unha remodelación urbana. As empresas interesadas en participar nesta actuación teñen ata o 23 de xullo para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

Praza do Centenario Ribeira

O proxecto contempla varias melloras crave. Entre elas, destácase a mellora da mobilidade, conectando a nova zona do auditorio coa praza do consistorio, que tamén está a ser remodelada. Ademais, planéase o embelecemento, ornamentación e axardinamento da contorna do novo auditorio e a restauración da Praza do Centenario. Estas accións buscan dinamizar a actividade comercial no centro urbano próximo á Praza do Concello, creando un espazo que combine o cultural, comercial e turístico, “xerando un espazo amable para o paseante”, segundo a Administración local.

As obras inclúen a creación dunha plataforma única entre dous enclaves importantes da cidade: o Concello e o Auditorio. Nesta plataforma, peóns e vehículos compartirán o mesmo nivel, priorizando o paso dos viandantes. A plataforma estenderase desde a Praza do Centenario, abarcando parte da Avenida Miguel Rodríguez Bautista e toda a Rúa Otero Pedrayo ata o consistorio. O proxecto tamén abordará as deficiencias construtivas detectadas na plataforma superior do aparcadoiro do Centenario sobre a que se asenta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.