O home resultou ferido debido a un incendio que se declarou na cociña da súa vivenda situada na estrada xeral de Escarabote, en Boiro.
Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume iniciouse na cociña, ocasionando danos na campá extractora e nalgún moble da mesma.
O 112 Galicia tivo constancia do incendio ás 22:15 horas. Foi un particular o que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para dar conta dun lume no ático dun edificio de tres plantas. Na súa chamada, indicaba que non sabía se habería persoas no seu interior.
Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia deron conta do incendio aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Boiro. A maiores, informouse do sucedido ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales se encargaron do trasladado do ferido ao centro hospitalario de referencia.




