Avanzan as obras de renovación do pavimento da Autovía do Barbanza. Esta semana empezan os traballos na contorna do enlace de Vilariño, en Boiro

07 Xullo 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas segue a avanzar nas obras de renovación do pavimento na autovía AG-11 do Barbanza, iniciando durante este vindeira semana os traballos na contorna do enlace de Vilariño, no concello de Boiro.

Así, durante os días 8, 9 e 10 de xullo están programadas actuacións de reparacións puntuais de firme no entorno do citado enlace de Vilariño e na glorieta de conexión coa AC-305. Será necesario o corte de tráfico nos ramais cando se estea traballando neles, mentres que cando se actúe na glorieta da AC-305 poderase transitar con tráfico regulado con sinalistas.

Xa no detalle, o luns día 8 e  traballarase en torno ao enlace de Vilariño, entre as 06:30 e as 15:30 horas. Actuarase na glorieta de conexión coa AC-305, na que haberá sinalistas regulando o tráfico, e no ramal de acceso á calzada esquerda, que estará cortado mentres duren os traballos.

O martes día  9, as tarefas continuarán no mesmo enlace. Entre as 06:30 e as 11:30 horas. Intervirase na glorieta de conexión coa AC-305, na que haberá sinalistas regulando o tráfico, e no ramal de acceso á calzada esquerda, que estará cortado mentres duren os traballos.

O mércores día 10 continuarase entre as 06:30 e as 15:30, así como no ramal de saída da calzada dereita, que estará cortado mentres duren os traballos.

Ademais, durante a vindeira semana haberá cortes de carril no tronco da autovía, tamén por traballos de aglomerado e por rozas en noiros. Para minimizar a incidencia na circulación, durante a execución destes traballos, manterase habilitado e sinalizado o carril libre.

Esta primeira fase do reforzo do firme na autovía de Barbanza se executa en cumprimento das obrigas da sociedade concesionaria dentro do contrato de concesión de obra pública, centrándose na reparación de puntos ou zonas singulares.

Realizarase este tipo de actuación onde se identifique un deterioro acentuado, mediante fresado e reposición con diferentes profundidades en función do estado e situación da zona. Nunha fase posterior, unha vez rematados estes traballos, disporase unha nova capa de rodaxe.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.