Inaugurada a reforma da sede da Policia Local. O vicepresidente da Xunta destaca o exemplo da Pobra en materia de cooperación e recursos compartidos

12 Febreiro 2020

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este mércores A Pobra do Caramiñal, co fin de comprobar os importantes pasos dados polo concello barbanzán en xestión compartida de servizos e departamentos, tanto a nivel interno como co resto das entidades da contorna. En concreto, verificou o funcionamento das instalacións que comparten a Policía Local e máis a Brigada de Limpeza Viaria e Xardinería, unhas dependencias únicas que permiten “un mellor aproveitamento do espazo e unhas máis óptimas condicións de traballo”.

Segundo informou Rueda , que estivo acompañado polo alcalde Xosé Lois Piñeiro, “A Pobra é un exemplo dos beneficios que se extraen da colaboración entre a Administración autonómica e as entidades locais”. Tamén louvou o traballo despregado polo Concello e os restantes municipios da Mancomunidade de Arousa Norte, unha aposta por compartir recursos que merecedora do Premio Coopera (grazas ao proxecto Prestogal, que optimiza os recursos destes concellos “nun ámbito tan importante como os servizos sociais”, sinalou).

Tamén participaron na actividade institucional deste mércores 12 a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.