“O aconsellable é o normal”. Luís Celeiro

05 Xullo 2024

Ao recordar aqueles tempos apálpase o que cambiou o mundo, os costumes, as formas de
vivir e as relacións entre as persoas. Cambiaron as amizades e os miramentos entre elas. Os
falares son outra cousa, as miradas non din nada e os tratos son con golpes do dedo nunha
tecla dun aparello quizais imprescindible para múltiples xestións, sen falar.
Aqueles tempos que quere revivir contándolles aos seus netos como eran, fóronse e alá van.
Eran de escaseza en todo, tempos nos que os mozos para vestir usaban colos falsos para as
camisas. Poucos dos lectores lembrarán isto do que estamos a falar, pero así era, un colo e
unha gravata para representar o que non había. Como un pan prestado, un ou os dous colos
comunais ían, de casa en casa, recorrendo os festexos. Pola contra, hoxe están as camisas,
completas e case novas, amoreadas e a desprezo nas bancadas da mercadoría inservible.
E, xa que estamos recordando aconteceres, vén á memoria o caso daqueles amigos que
vivían nunha das grandes cidades universitarias que aínda subsiste. Aqueles que non
cambiaban o colo da camisa, pero para ir como se debía á voda da prima ou do amigo,
compraron un traxe a medias e pagárono cos aforros que lograran da venda dos apuntes
aos colegas acomodados do seu curso de medicina. Era a vestimenta apropiada para actos
solemnes, aos que lle gustaba asistir a algún dos tres. Tratábase dun traxe azul de raias,
chaqueta de dous cortes, pantalón de pinzas e chaleco, dos de sempre, igualiño ao que
levaba, con moita elegancia, o vello alcalde.
Outros amigos emigrantes no Reino Unido, Basilio, frade e crego, e o seu compadre
Domingo, un xardineiro que andaba na procura dunha noiva, foron a unha das tendas máis
normais de Londres e compraron un abrigo de tea negra de cachemira, pagaron a medias e
fixeron un calendario equitativo para o uso daquela prenda fermosa, negra, azul ou morada,
segundo quen a mirase.
O día do seu casamento, Domingo foi á cerimonia con aquel abrigo novo e todos os do
convite loaron a indumentaria da parella. Ela ía cun vestido de cor branca rota e Basilio
dende o altar rezaba, cantaba, miraba e soñaba. Como di a Tía Manuela, “coa vestimenta, o
aconsellable é o normal, o uso normal da mesma”. A moda, pola contra, é para comprar ou
vender, para o negocio ordinario.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.