Máis dun cento de persoas pasou polo Museo Valle-Inclán da Pobra nos primeiros días de xullo

04 Xullo 2024


O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal recibiu no que vai de mes de xullo máis dun cento de persoas interesadas neste ben de interese cultural (BIC) e nos recursos orixinais e inéditos que custodia. Así o fixo saber a Área de Cultura do Concello nun primeiro balance de mes centrado na actividade do Museo.

Unha delegación procedente de Castropol, en Asturias integrado por unhas 90 personas, coñeceu na mañá do día 3 de xullo esta institución museística da man do seu director, Antonio González, e da técnica municipal, Sara Barbazán, que lle aproximaron máis o legado de Ramón del Valle-Inclán.

Posteriormente, desprazáronse pola ruta valleinclaniana da localidade ata o núcleo histórico do Castelo, para pór alí o foco na igrexa de Santiago do Deán e no pazo do Couto.

E neste 4 de xullo pasou pola torre de Bermúdez unhas 18 persoas usuarias da Asociación Ambar, interesadas tamén nos recursos deste museo. Os integrantes da asociación recibiron cadanseu caderniño de debuxo como recordo da súa estadía na torre casa de Valle-Inclan.

As visitas comentadas enmárcanse na liña estratéxica da Concellaría da Cultura para valorizar o legado do escritor, o seu vínculo vital e literario coa vila e todo o relacionado co ronsel valleinclaniano.

O horario de visitas durante o verán establécese de martes a sábado, das 11.00 ás 14.30 e das 17.00 ás 20.00 horas. Para outros servizos e consultas están ao dispor os teléfonos de contacto 981831662 e 681173484, ademais do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.