O BNG denuncia a falta de atención pediátrica en Outes

04 Xullo 2024

O BNG emitiu un comunicado no que critica o servizo de pediatría en Outes, situación que din que é extensíbel á comarca de Muros e Noia (que, din, “vén sufrindo importantes eivas dende hai anos e os usuarios e usuarias da sanidade pública asisten sistematicamente á redución do persoal sanitario en xeral e á sobrecarga extrema das consultas nos centros de saúde”).

O BNG sinala que “as principais afectadas son as familias con menores, xa que a atención pediátrica reduciuse a tres horas diarias despois da xubilación do titular fai uns meses, e desde este mes de xullo eliminouse definitivamente, para concentrar a atención de toda a comarca no concello de Noia”.

A deputada pobrense Rosana Pérez considera “que faltan medidas por parte da Consellería para atallar a precaridade da atención sanitaria, provocando que, cada vez, se incrementen máis as consultas na sanidade privada, o que supón un gasto que non todas as familias poden asumir, creando desigualdades sociais na prestación dun servizo que debía ser universal, público e gratuíto” .

Pola súa banda, o portavoz do BNG e tenente de alcalde de Outes, Anxo Núñez, fai saber que “no Centro de Saúde de Outes, dos cinco médicos de cabeceira que había, un xubilouse fai unhas semanas, outro farao nun mes e outros dous a finais de ano, e o servizo de pediatría xa só prestaba atención ás once e media da mañá desde fai seis meses, sendo compartido con Noia”. Incide ademais en que a poboación no verán aumenta moito con veciñanza que retorna e visitantes. E engade: “Desde o Goberno do Concello estamos demandando solucións, temos hoxe mesmo reunión coa Xerencia de Atención Primaria en Santiago para coñecer cales son os plans da Xunta para o noso concello, o Centro de Saúde de Outes non pode quedar sen atención sanitaria”

Rosana Pérez, indica que rexistrou unha pregunta parlamentaria urxente porque “a situación de toda a atención pediátrica na ría de Muros e Noia é precaria”. “O caso é que a Consellaría de Sanidade, que debería cubrir as baixas e vacacións do persoal de pediatría, decide obrigar ás familias de toda a contorna a acudir ao único servizo que se vai prestar, o de Noia, que, polo tanto terá que atender o cupo de catro concellos, atrasando as citas e provocando a saturación do servizo e máis carga de traballo aos profesionais”, comentou.

Anxo Núñez conclúe que “a solución que deu o SERGAS de que os nenos e nenas menores de tres anos se despracen a Noia e, a partir dos catro anos que sexan atendidos polo médico de cabeceira da nai ou calquera dispoñíbel, non a consideramos acertada, a pediatría é unha especialidade diferente á de medicina de familia, e son os especialistas en pediatría os que deben atender a todos os nenos e nenas, e debe ser o seu de referencia para coñecer o seu historial”.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.