A FIFA virá á Fieiteira a homologar o novo céspede artificial

11 Febreiro 2020

Representantes da FIFA veñen de anunciar a súa vindeira estadía en Ribeira para facer as probas de homologación do novo céspede artificial do Campo de Fúbol da Fieiteira, amais da expedición do certificado pertinente. Así o confirmou este martes 11 o Concello, quen engadiu que o complexo deportivo xa está a pleno rendemento (unha vez rematado o fornecemento da nova superficie de xogo), cos primeiros encontros celebrados esta pasada fin de semana. A visita dos membros da FIFA está fixada para este martes 18 de febreiro.

O Concello recorda que a dotación foi levada a cabo pola empresa Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (comportando un investimento superior aos 222.000 euros) e que en virtude do proxecto técnico executado estendeuse un novo céspede de última xeración con homologación FIFA Quality Pro, que, en palabras do Executivo ribeirense, “permitiría mesmo a disputa de partidos de categoría nacional”.

Ademais, equipouse o estadio cunha nova rede de rego automático, con canóns emerxentes de gran alcance situados fóra do rectángulo de xogo, así como porterías regulamentarias de fútbol 11 e fútbol 7 e bandeiriñas nas catro esquinas do terreo.

O Concello sinalou que proxecto técnico prevé un plan de mantemento por cinco anos que inclúe tanto á formación do persoal municipal para obter os coñecementos necesarios para a conservación do céspede como a realización dous veces ao ano de tarefas de mantemento por parte da empresa adxudicataria.

Alén dos traballos na Fieiteira, o Executivo ribeirense emprendeu outras actuacións encamiñadas a instalar céspede artificial en campos do termo municipal que carecían del, como os da Guía en Carreira e A Trinidade en Oleiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.