A Pobra celebra o 14 de xullo a 32ª edición da súa Festa da Bici

04 Xullo 2024

A Pobra do Caramiñal prepárase para pedalear no 14 de xullo con motivo da trixésimo segunda edición da Festa da Bici que comezará ás 11.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán, tamén lugar de meta. Como xa é habitual, esta cita destaca pola súa vertente solidaria coa achega dun quilogramo de alimentos non perecedoiros no momento da inscrición no propio día e na dita praza, a partir das 10.15 horas.

O percorrido grande consta de case 10 quilómetros que discorrerá por zonas urbanas e rurais, con parada de avituallamento. Tamén se contará cun itinerario pequeno, dirixido a crianzas menores de 8 anos ou rapazada maior desa idade con dificultades para completa-la ruta longa. O tramo é de, aproximadamente, 1’5 quilómetros polo centro da localidade.

A este respecto, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, salienta que “unha vez máis temos unha proba que reúne o fomento dun estilo de vida saudable e a solidariedade. Esta festa sobre dúas rodas está máis que asentada no calendario deportivo local e, cada ano, supera as duascentas inscricións, con participantes de tódalas idades. Pretendemos, polo tanto, que arredor desta cita ciclista se xere un punto de encontro interxeracional. E, aínda que é unha festa de carácter, principalmente, deportivo, tamén promove a mobilidade sostible.” O edil agradece, así mesmo, a entidades colaboradoras e medios de apoio a súa implicación na organización e operativo: a Policía local, a Protección Civil, Motoclub SinFrenos, Sport Bike, Sport Maniotas/Sportmoda, Gadis e Eroski.

Para divertimento das nenas e nenos tamén se disporá na referida praza dun inchable e unha xincana de habilidade e destreza sobre dúas rodas. A maiores, sortearase unha bicicleta e outros agasallos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...