A XIII edición da Regata CONGALSA devolve ao Barbanza o protagonismo da vela pesada galega

03 Xullo 2024

J.C.- A Regata CONGALSA largará amarras este sábado 6 de xullo, nunha nova edición da Volta a Sálvora que organiza o Club Náutico Deportivo de Ribeira (Club Náutico de Riveira). Cunha previsión inicial de máis de 25 veleiros, a cita recupera o protagonismo dos cruceiros na comarca do Barbanza, tratando de cumprir coa tradición na que vai ser a XIII edición da circunnavegación á illa.

Presentada na biblioteca do Náutico, actuou de mestre de cerimonias o seu presidente, José Luis Torres Colomer, quen estivo acompañado pola Directora de Relacións Externas de CONGALSA, Isabel Cañas; o comodoro do club, José Luis Lomba; e os directivos da entidade social e deportiva, Justo Arevalillo e Manuel Muñiz.

“Desde CONGALSA estamos moi ilusionados de patrocinar un ano máis, e xa van 13, unha nova edición esta Regata, que xa é referente na nosa comarca e que reúne a apaixonados do deporte e a vida saudábel, do traballo en equipo e do mar”, dicía Cañas, engadindo que “son tres ámbitos vitais para a nosa empresa e que queremos poñer en valor apoiando este tipo de iniciativas”.

“Querería agradecer a CONGALSA, unha vez máis, a aposta polo deporte, non só neste caso no deporte da vela, senón tamén outras actividades deportivas e sempre dentro do coidado ao medio ambiente e da súa protección”, sinalaba Colomer.

Se a previsión meteorolóxica para este sábado 6 de xullo non falla, a intención do comité da regata CONGALSA, presidido polo xuíz Miguel Cons, é navegar de Norte a Sur o trazado por Sálvora, favorecidos pola compoñente trazando unha baixada lineal con spinnaker, o que achega un factor de seguridade moi importante ao non ter que realizar excesivos bordos de cinguida, manobras que meterían aos veleiros mar dentro.

O top está programado para as 14 horas sendo a entrega de premios ás sete da tarde nas propias instalacións do Náutico de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...