Boiro recupera a festa de exaltación do mexillón

03 Xullo 2024

Boiro recupera este verán, despois de oito anos, a súa tradicional exaltación do mexillón. Será a XVI edición e terá lugar os días 16, 17 e 18 de agosto. Segundo informou o Concello, o evento conta co apoio das seis agrupacións de mexilloeiros máis numerosas do municipio (ASMECruz, A Marxa, AMEbarraña, Virxe do Carme, OPMEGAL e A Boirense), ademais do Concello de Boiro e Consellería do mar.

O principal obxectivo desta cita é “potenciar o mexillón das rías galegas, buscando levar máis lonxe un produto moi habitual na dieta dos galegos e galegas, sumado ao alto número de postos de traballo directos e indirectos que xera na comunidade autónoma”.

A organización irá desvelando a programación nas vindeiras semanas mediante as redes sociais do propio evento, pero contará con actividades para todos os públicos. A xornada do día 16 transcorrerá no centro urbano de Boiro e os días 17 e 18 será na carpa situada no peirao de Cabo de Cruz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.