“Monocultivo do eucalipto para perder auga, peixe e marisco” – Antón Luaces

02 Xullo 2024

O berro seco viviu este domingo en San Caetano (Santiago) unha nova  versión, con multitudinaria participación de cidadáns preocupados polo futuro da Ulloa e, nomeadamente, da ría de Arousa. Un berro que fixo tremer a tranquila Compostela cun contundente “non” á macro fábrica de celulosa que se pretende instalar en terras da Ulloa, en Palas de Rei, utilizando millóns de litros da que o Ulla leva con desigual empeño cara o mar arousán onde mariñeiros e mariscadores (entre estes inmensa maioría de mulleres) teiman no día a día en extraer os máis prezados alimentos. 

Na defensa dos intereses de Altri (a futura celulosa galego/portuguesa) actúa a Xunta dunha Galicia que, de portas para adentro afirma rexeitar o “invento” portugués de plantar e implantar na comunidade galega o que os veciños lusos non queren nas súas: o monocultivo de eucaliptos; e de portas para fóra só fala oficialmente en función dos ditados dos menos prexudicados que, ao parecer e dados os resultados electorais, deben ser a maioría absoluta dos electores galegos. 

Resumindo: unha boa parte dos galegos afirman non querer ese tipo de industria contaminante, pero na realidade sitúa no poder político a os que defenden o que teoricamente non aceptan,

Contradictorio?. Pois semella que non. Debe ser un estilo de vida, un xeito de vivir, un ser sen ser sendo. Un deixarse levar polo mar abaixo, como vai unha troita de pé, corre Maruxiña, corre, quen a puidera coller, que a puidera pillar!..

Polo tanto, impactos negativos na pesca e o marisqueo, e impactos asimesmo negativos nos montes, as terras de cultivo e o caudal do Ulla. 

É isto o que quere o pobo galego?. Pois se así é, que pare o coche que algúns iremos a pé, como ían meus avós ás feiras de Mera e Moeche dende Landoi e A Pedra.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.