Media ducia de clubs buscarán facerse coa XIX Bandeira de Traiñeiras Concello da Pobra do Caramiñal

01 Xullo 2024

Os últimos meses foron moi intensos na Pobra do Caramiñal no que a deporte se refire cos diferentes campionatos de remo. Agora, A Pobra do Caramiñal dá a benvida ao mes de xullo no ámbito deportivo coa XIX Bandeira de Traiñeiras Concello da Pobra, organizada polo Club Remo Puebla co patrocinio do Concello da Pobra do Caramiñal. Esta constitúe, así mesmo, a regata de inicio das sete que conforman a Liga B no 2024. O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido; a técnica municipal desta área, Ana Romero; o presidente da entidade pobrense, Emilio Dieste; e un dos remeiros do club, Adrián González; asistiron á presentación.

No acto, o edil quixo destacar a relevancia que ten o remo para a localidade. “Este 2024 é un ano moi especial para o remo e, por extensión, para A Pobra do Caramiñal ao ser esta práctica un dos nosos buque insignia no panorama deportivo. No mes de abril fomos capital galega e nacional desta disciplina. Pero a actividade non quedou aquí e, nas pasadas semanas, tamén tivemos outras probas. Agora, co verán, desfrutaremos dunha cita tamén moi importante para nós como é esta XIX Bandeira de Traiñeiras Concello da Pobra”, manifestou o titular dos Deportes. A isto engadiu”a felicitación por parte da Administración local ao Club Remo Puebla por, coma sempre, unha excelente capacidade organizativa e o seu papel como axente dinamizador da vida deportiva.”

Tamén falou o presidente do club, quen cualificou este ano como “apaixonante” dado o número e magnitude dos eventos. “Partimos da Liga B e penso que vai ser unha liga moi competitiva, moi igualada. É un cambio de ciclo para nós. Na maioría dos casos son xuvenís, contando cun par de veteranos”, apuntou.

Esta competición disputarase no sábado 6, a partir das 17.30 horas, na dársena do peirao comercial. Participarán un total de 6 clubs coas súas correspondentes embarcacións (Club Remo Puebla, Club de Remo Cedeira, Club Regatas Perillo, Club do Mar Bueu, Club de Remo Chapela e Club de Remo Náutico Ribeira). O formato de regata é en liña de dúas quendas, a seis longos e tres rúas, cunha distancia a completar de 5556 metros.

O premio suporá a entrega da propia bandeira e o repartimento dun total de 4.000 euros.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...