Convocado o VI Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade

01 Xullo 2024

Dende o 29 de xuño e ata as 14 horas do 23 de xullo estará aberto o prazo de admisión de propostas para o VI Premio Luísa Villata a proxectos pola igualdade, convocado pola Deputación da Coruña. Con un orzamento total de 100.000 euros, o certame concedera oito premios por un importe máximo de 12.500 € cada un. Así o fixo saber a deputada outense Soledad Agra, na presentación, este 1 de xullo, do certame.

Segundo explicou o concurso ten por obxecto “o fomento da igualdade mediante a realización de proxectos que poñan en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres e contribúan de xeito relevante ao avance no asentamento social da aposta pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia de xénero, a diversidade sexual e interseccionalidade”.

“Queremos recoñecer e consolidar propostas que contribúan a rachar coas desigualdades de xénero en todos os espazos da vida”, apuntou a deputada de igualdade, lingua e dereitos civís, Soledad Agra. “Por iso, premiamos proxectos que fomenten unha sociedade máis feminista e igualitaria”.

Os proxectos poden ser de calquera disciplina artística (música, literatura, escena, imaxe, arte urbana…) e poderán ser de sensibilización, educación, empoderamento, investigacións, etc. Todos eles deben procurar a visibilización da muller no campo social e cultural.

A peza escénica As damas de Ferrol, de Teatro do Noroeste, e os programas de sensibilización ‘As Marías: mulleres creadoras fronte ás violencias’, da ONG Ecos do Sur, e ‘Mulleres da rúa’, da A.V. Oza Gaiteira Os Castros, foron os gañadores na pasada edición do premio.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da convocatoria realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña: https://sede.dacoruna.gal.

As bases foron publicadas no BOP número 107, do pasado 4 de xuño, e poden consultarse e descargarse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.