Comeza este 1 de xullo a IV Ruta Rías Baixas Camiño de Santiago Ría de Muros e Noia

01 Xullo 2024

Dende este luns 1 de xullo ata o día 6 deste mesmo mes celebrarase na ría da Estrela a cuarta edición da Ruta Rías Baixas Camiño de Santiago Ría Muros-Noia. Segundo se fixo saber na presentación da ruta, celebrada os días pasados no Monte Real Club de Iates de Baiona, unha trintena de veleiros tomarán parte desta ruta lúdica, que partirá o día 1 desde Baiona, para rematar en Portosín e logo facer por terra o último percorrido ata chegar á praza do Obradoiro, en Santiago. Na presentación explicouse tamén que ante a posibilidade de percorrer 90 millas náuticas e logo selar a acreditación xacobea en diferentes portos, os navegantes que participen poderán acadar a súa Compostela. A ruta está patrocinada pola banca Sabadell-Urquijo e vén da man da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago pola Ría de Muros-Noia e os clubs náuticos de Portosín, Portonovo e Baiona, entre outras entidades (co apoio da Deputación de Pontevedra).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.