En Ribeira retiran un cableado telefónico sobre a estrada que foi derribado por un camión de recollida de residuos

29 Xuño 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados preto das 11.56  horas da caída do tendido telefónico na parroquia de Oleiros, no Concello de Ribeira. O cable caeu sobre a AC-550 despois de que un camión de recollida de residuos o derrubase.

Os bombeiros levantaron o cableado para evitar posibles accidentes á espera que o servizo o repoña.

Ao suceso acudiu tamén o  GAEM e a  Policía Local de Ribeira, que alertaron ao persoal de mantemento do servizo de telefonía para que procederan o arranxo do cableado.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.