Turismo de Ribeira presenta “O camiño de mitos e lendas” con Tonhito de Poi

28 Xuño 2024
Turismo de Ribeira presenta “O camiño de mitos e lendas” con Tonhito de Poi. C.R.

Este venres presentouse unha nova iniciativa de Turismo de Ribeira que incide no valor dos mitos e lendas para contextualizar aos nosos visitantes da cultura ancestral da Galicia máxica.
O segundo tenente de Alcalde, Francisco Suarez-Puerta, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes e o músico e polifacético Tonhino de Poi presentaron esta orixinal proposta.
Suarez-Puerta explicou que “é un produto novidoso que imos a facer este ano no que se pretende ensalzar a nosa tradición, a cultura e a música. Precisamos que os que acudan a visitar Ribeira e a propia veciñanza teñan a oportunidade de coñecer
de primeira man os mitos e lendas da nosa terra; coma galegos que somos, temos unha conexión ca historia disolta na mitoloxía e nas lendas que viaxaron no tempo de xeración a xeración co lume coma testigo”.
Tonhino de Poi fixo una pequena reflexión sobre o transcendental da vida en sintoníaca natureza nos pobos.
Ao final do percorrido mitolóxico haberá música con Tonhito e petiscos.
Información:
· Saídas o 12 de xullo, 3 e 24 de agosto, 14 de setembro de 19.30 a 22.30h
· Prazas limitadas: 60 px
· Oficina de Turismo do Malecón (Ribeira) 981 873 007

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.