“Donal Trump non mentiu, era a reencarnación do mesmo Ápate” – Manuel Domínguez

28 Xuño 2024

Antes da análise, o que me doe é o pobo americano, ter que decidir entre un fraudulento, e un ancián.

Donald Trump foi declarado culpable de 34 cargos de falsificación, de rexistros comerciais,especialmente relacionados con 11 facturas,,12 vales, e 11 cheques.

E un Joe Biden que non se sustenta, carente de poder dar respostas, onde os anos deixan pegada.

Ao ter pechado os micrófonos para non poder interromper axudou á contención de Trump, pero a súa cara era un poema, se a súa voz estaba en silencio o seu rostro falaba máis que a súa voz, era un rostro vivo, impresionante como sempre, ver os seus acenos de poder, maquiavélico. Se antes dixen que el era o mesmo Ápate, na súa outra cara era o mesmo Narciso.

Preguntado se aceptaría os resultados electorais, respondeu, se son xustos, si, pero el decide si son xustos, anteriormente dixera se non gaño non os acepto

Non se trata de ser presidente, non se trata de gobernar un país, no caso de DT trátase de si mesmo, o seu ego, era, é o mesmo Narciso.

Mais de trinta mentiras, aínda que o Biden tamén usou o seu un terzo menos, e carente de poder dar resposta e contradicirlle, o suposto arrefriado non xustifica a actuación do presidente, é o que é.

Entre dous males, mal menor, só que aquí o mal menor é unha desgraza.

Persoalmente penso que un factor moi, moi importante é o equipo que o candidato presente, uns bos ministros fan goberno.

Fai uns 30 anos aprox, seguindo en TV unha comisión de investigación, do senado, na que figuraba Joe Biden e Ted Kennedy, decidinme a enviarlle unha carta animándolle a presentarse candidato á presidencia.

Eran outros tempos.

O que me doe é que unha parte da sociedade acepte as mentiras e sen denuncialas, que os mesmos cidadáns sexan participes desas mentiras, unha democracia onde a mentira non sexa pecado capital non funciona como tal democracia.

O presidente Richard Nixon pronunciou un discurso ante o público estadounidense desde a Oficina Oval o 8 de agosto de 1974, para anunciar a súa renuncia á presidencia

Eran outros tempos onde a mentira non estaba permitida. A mentira hoxe non só ten patas, ten ás, e o aplauso dunha parte da sociedade, que prefire unha fermosa mentira (aínda que as mentiras, máis que fermosas son traxicamente dolorosas) que a realidade dos feitos.

Unha sociedade que permite, que tolera a mentira, como base dun discurso é unha sociedade sen futuro.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.