O 10 de agosto celébrase unha nova edición do Rianxo Gaming

27 Xuño 2024

Este verán volve ao Barbanza o evento Rianxo Gaming Experiencie, desta volta en agosto, achegándolles aos seareiros galegos dos videoxogos un punto de encontro nesta tempada de verán: un espazo onde falar de videoxogos e eSports, interactuar con eles, poñelos a punto e mesmo crealos. Farase fincapé no videoxogo como produto cultural e de entretemento. “Achegarémonos a eles dende unha perspectiva educativa a través de charlas e obradoiros, e tamén dende o ámbito competitivo e lúdico dos eSports”, sinalaron os organizadores. Non faltarán Cosplay, PixelArt e postos de venda e gastronomía.

Haberá tamén espazos para o retro-gaming, a Realidade Virtual, as tendas, a música en directo e as charlas. Respecto destas últimas, inclúese unha charla educativa sobre mulleres gamer (retos e desafíos contados por elas mesmas), ás 12.00 horas no Campo de Arriba; e unha mesa redonda (Familia, eu quero ser youtuber) orientada ás familias para coñecer as saídas laborais, as oportunidades e os riscos que hai detrás da creación de contidos nas redes sociais.

O evento está financiado polo Concello de Rianxo; a produción corre a cargo de Lua Gaming.

Rianxo Gaming é unha feira aberta a máis colaboracións ou patrocinios publicitarios, a novas propostas de organización de actividades, e tamén á inscrición de persoas voluntarias que queiran participar na organización do evento. Mediante contacto co perfil social de Instagram ou no correo gamingrianxo@gmail.com podemos enviar as nosas propostas para a súa valoración.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.